Ingreso dunha cantidade de metálico extraviado na conta bancaria do Concello
Segundo o establecido no artigo 615 do Código Civil comunícase que esta Policía Local ingresou en Caixanova, na conta bancaria do Concello, unha cantidade de metálico extraviado, en total 24.91 euros, debido a que, avisados ós seus propietarios, non se persoaron nestas dependencias para a súa retirada.