Escoitar

Pleno da Corporación

A Corporación municipal celebra sesión plenaria o luns, día 28, a partir da nove da mañá. Entre outros asuntos someterase a votación un acordo da Xunta de Voceiros relativo a actuacións a realizar no 25 cabodano do poeta Celso Emilio Ferreiro.

venres, 25 xuñ 2004
1.- Acta anterior. (Sesión 26.04.04)

ALCALDIA

2.- Proposta da Alcaldía sobre modificación do acordo do Pleno de data 29.12.03 referente ás retribucións dos cargos corporativos con dedicación exclusiva.

URBANISMO E MEDIO AMBIENTE

3.- Aprobación definitiva do PERI IV-01 San Roque A. Exp. 8159/411.

4.- Aprobación definitiva do PERI IV-09 Baixada de San Roque. Exp. 6710/411.

5.- Estudio de detalle no polígono núm. 53 do PERI do Calvario. Proposta desestimatoria. Expte. 7839/411.

6.- Aprobación inicial da ordenanza municipal de axudas á rehabilitación da ARI de Bouzas. Expte. 167/431.

7.- Solicitude de declaración BIC de Bouzas. Conxunto Histórico. Expte. 8186/411.

8.- Declaración de nulidade do acordo plenario do 27.11.92 sobre convenio de cesión para vial de circunvalación, concluído con "Miraflores Vigo, S.A." e determinación das indemnizacións procedentes. Caducidade do procedemento e iniciación de novo expediente. Expte. 4490/401.

9.- Aprobación definitiva da modificación puntual núm. 2 do Plan Parcial do Parque Tecnolóxico e Loxístico de Vigo. Expte. 8781/411.

10.- Modificiación orzamentaria núm. 3/2004 da Xerencia Municipal de Urbanismo.

11.- Aprobación inicial do proxecto de modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Urbana sobre o novo emprazamento da subestación eléctrica do Castro. Expte. 8661/411.

XESTIÓN MUNICIPAL

12.- Indemnización substitutiva por importe de 6.583,71 € a favor de Anónimo Publicidade. Expte. 1114/101.

13.- Indemnización substitutiva por importe de 6.617,28 a favor de Vieiros.Com, pola realización da Web Mail do Concello. Expte. 688/101.

14.- Indemnización substitutiva a favor de Obras y Construcciones Dios, S.A., por importe de 24.787,37 € polos gastos derivados da adquisición de formigón. Expte. 40090/250.

15.- Indemnización substitutiva a favor de CESPA por imoprte de 457,34 € por traslado de restos vexetais nos xardíns do Pazo de Castrelos. Expte. 2040/307.

16.- Recurso de reposición en relación con recuperación de oficio da posesión da propiedade municipal núm. 000119, situada na subida ó Cemiterio de Puxeiros, s/n. Expte. 16066/240.

17.- Implementación da partida de productividade necesaria para acometer o custos do programa de dispoñibilidade horaria da Policía Local no primeiro semestre de 2004. Expte. 15095/220.

XUNTA DE VOCEIROS

18.- Acordo da Xunta de Voceiros relativo a actuacións a realizar no 25 cabodano do poeta Celso Emilio Ferreiro

MOCIÓNS

19.- Moción de DPG sobre peaxes entre o Morrazo e Redondela con Vigo.

20.- Moción de DPG sobre os aliviadoiros fronte da rúa Coruña e Alcabre.

21.- Moción de DPG sobre a instauración da Área Metropolitana de Vigo.

22.- Moción de DPG sobre zona deportiva na Miñoca na parcela para uso deportvo do polígono III do PERI II Florida B.

23.- Moción do BNG referente a distintas actuacións a realizar no Arquivo Pacheco.

24.- Moción do BNG instando a anulación do concurso de explotación hidroeléctrica do río Oitavén e realizar un estudio para asegurar o necesario caudal de 3.000 l/sg. a Vigo.

25.- Moción do BNG instando a realización dun convenio con Augas de Galicia para iniciar a redacción urxente dun plan director de saneamento de Vigo.

26.- Moción do BNG sobre medidas a tomar no barrio do Calvario para evitar o seu deterioro.

27.- Moción do BNG sobre apoio ás iniciativas encamiñadas a favorecer o intercambio e a cooperación social e cultural entre Galicia e Portugal.

28.- Moción do BNG instando comunicar á Xunta de Galicia a decisión deste Concello de xestionar por si mesmo un programa de televisión local con tecnoloxía dixital.

29.- Moción do BNG sobre deslinde marítimo nos terreos da ETEA.

30.- Moción do PSdeG-PSOE sobre tramitación dos acordos de prórroga de calquera contrato.

31.- Moción do PSdeG-PSOE sobre os centros de saúde da cidade e concretamento o da parroquia de Bembrive.

32.- Moción do PSdeG-PSOE sobre deterioro da atención sanitaria nos meses do verán.

33.- Moción do PSdeG-PSOE sobre suscrición dun convenio de colaboración en materia de asistencia xurídica coa Dirección Xeral do Servicio Xurídico do Estado.

34.- Rogos e preguntas.