Escoitar

Cambio na programación de xeración 2000+4

A actuación do Trío de Corda Manuel Quiroga programada para o 30 de xuño, mércores, pasa por imprevistos alleos á organización para o domingo, 27 de xuño, ás 20:30 horas no Conservatorio Superior de Música.

venres, 25 xuñ 2004
1088163607xeracion.jpg
Co concerto do domingo remata o ciclo de música de novos interpretes Xeración 2000+4 que organiza a concellería de Cultura. En total celebráronse nove actuacións dende finais do mes de maio pasado.

A actuación do domingo,27, estará a cargo do Trío de Corda Manuel Quiroga formado por Giovanni Battista Fabris (violín), David Quiggle (viola) e David Ethève (violonchelo).

Programa:

F. SCHUBERT
- Trío de corda en si bemol, D471
- Trío de corda en si be mol, D581

W.A. MOZART
- Divertimento de corda en mi bemol, K 563
Descargar todas as imaxes