Escoitar

Implantacion do sistema unificado de aparcamentos de cortesía

A Concelleira de Comercio, Lucía Molares,asinou hoxe un convenio de colaboración co Presidente da Cámara de Comercio de Vigo, para a posta en funcionamento do Sistema Unificado de Aparcamentos de Cortesía para o Comercio Minorista.

venres, 25 xuñ 2004
Mediante este convenio, o Concello de Vigo e a Cámara, co patrocinio de Caixanova, promocionarán un sistema de aparcamentos gratuitos para os clientes do comercio vigués, no afán de potenciar ó acceso ás áreas comerciais viguesas e a mellora da competitividade do comercio local.

O Sistema Unificado estará integrado por 15 aparcamentos de diferentes áreas comerciais da cidade, de modo que o cliente poderá, a través dun sistema de vales, disfrutar de aparcamento gratuito mentras realiza as súas compras.

A Concellería de Comercio colabora na promoción deste servicio, que resultará de interese non só para os propios vigueses, senón tamén para os turistas e excursionistas que se acheguen á cidade en vehículo propio. Os folletos cos establecementos adheridos a este servicio, así como un mapa de situación dos comercios e dos aparcamentos máis próximos serán distribuidos nas oficinas de información turística da cidade, así como no bus turístico.

A Concelleira de Comercio, Lucía Molares, considera que esta iniciativa contribuirá á mellora da competitividade do comercio local e se complementa con outras medidas de fomento e promoción do pequeno comercio como é o caso da tarxeta turística, que oferta ventaxosos descontos en máis de 80 establecementos da cidade, invitando á compra con descontos e promocións e fidelizando ós clientes.

Os Sistema Unificado de Aparcamentos comezará o seu funcionamento a partir do vindeiro día 1 de xullo e os clientes poderán obter os seus vales de desconto pola compra realizada en numerosos establecementos adheridos a esta iniciativa, que estarán identificados no seu exterior.