Escoitar

O Concello asumirá a xestión do mercado do Progreso ata que se incorpore a nova concesionaria

O Concello de Vigo asumirá a partires de mañá, 1 de xullo, a xestión directa do mercado de O Progreso ata que rematen os trámites para que a nova concesionaria asine o contrato. Persoal municipal trasladarase ao mercado por un período aproximado de entre 30 e 60 días.

mércores, 30 xuñ 2004
Ese é o tempo que se calcula transcorra ata que a nova adxudicataria, a Asociación de Comerciantes e Vendedores do Mercado de O Progreso, poda facerse cargo da xestión. Este colectivo figura como novo adxudicatario en virtude dun acordo plenario do pasado ano.

Durante este tempo serán os servicios municipais os que se encarguen do mantemento, a limpeza e todas as cuestións que afecten ao mercado. O Concello porá ao fronte do Mercado do Progreso a un responsable e trasladará a dous persoas máis de apoio durante este período de tempo.