Escoitar

López Chaves asiste á festa dos usuarios do Servizo de Axuda a Domicilio

O Servizo de axuda a domicilio que presta a Cruz Vermella en colaboración co departamento de Benestar Social celebra na carballeira da Guía unha festa de verán para os seus usuarios con actuacións de música e danza. Este servizo atendeu o ano pasdo 749 persoas.

xoves, 1 xul 2004
1088754754saa.jpeg
Festa do ano pasado
O programa de axuda a domicilio pretende, cun carácter preventivo e rehabilitador, articular un conxunto de servicios e técnicas de intervención que centren a resposta social, tanto na atención persoal e doméstica como no apoio psicosocial e familiar que se presta na vivenda dos usuarios co obxectivo básico de favorecer o incremento da autonomía persoal no seu medio habitual de vida.

Quérense prestar un conxunto de atencións desde unha perspectiva integral e normalizadora aos cidadáns na súa vivenda, naquelas situacións nas que teñan limitada a súa autonomía persoal facilitando a permanencia no seu propio entorno de convivencia.

Préstase apoio no aseo e coidado persoal, axuda para comer, control da medicación, compaña e apoio na mobilidade dentro do fogar. Poténciase que o beneficiario e as persoas que conviven con el colaboren no mantemento da vivenda sempre que as súas capacidades llo permitan como na limpeza do fogar, especialmente das zonas de maior dificultade ou que poidan supor un risco persoal para o usuario. Lavado, planchado e compra e preparación de alimentos son outras das facetas desenvolvidas a través deste servicio.

Tamén se presta atención de carácter psicosocial e educativa, teleasistencia, asesoramento xurídico, servicio de lavandería, transporte adaptado e apoio do voluntariado.

O equipo técnico está formado por un responsable do Servicio de atención domiciliaria, tres traballadoras sociais, unha psicóloga, un avogado, un administrativo, 61 auxiliares e 54 voluntarios.

En total realizáronse durante o 2003, 81 intervencións xurídicas, 6 prestacións de atención psicolóxica, 1.800 labores de lavandería, 106 xestións de citas e receitas médicas, 880 intervencións de teleasistencia e 1.304 viaxes en transporte adaptado.

No programa de actividades lúdicas participaron 23 usuarios nunha visita á residencia da terceira idade; 93 unha excursión a Carballiño; 96 á Mondariz; 134 na festa de verán do ano pasado; 74 no obradoiro de manualidade de nadal e 123 na festa de nadal.
Descargar todas as imaxes