Escoitar

As 300 persoas usuarias de itinerarios formativos do proxecto compás reciben os seus diplomas

A concelleira de Desenvolvento Local e Emprego, Lucía Molares, entregou hoxe os diplomas aos 300 usuarios do proxecto europeo Compás que durante o ano 2004 participaron, dentro do seu itinerario persoalizado de inserción, en actividades formativas e preformativas.

luns, 5 xul 2004
As actividades foron xestionadas polos distintos socios da Agrupación de Desenvolvemento Equal Área Metropolitana de Vigo e inclúen accións de capacitación profesional como conductora de autobús ou teleoperadora. Unha parte importante da actividade formativa constituiuna o apartado de novas tecnoloxías, eixe transversal de intervención, no que participaron 105 persoas durante este periodo en cursos de adaptación ás novas tecnoloxías e contacto con distintos programas informáticos.

Por outra banda, entregaronse diplomas a un total de 45 persoas que durante este periodo formáronse en empresas que colaboraron co proxecto na modalidade de formación con compromiso de contratación como Alcampo, Grupo Eroski e Maderas Iglesias. Unha alta porcentaxe destas persoas forma parte das súas plantillas.

Outras 19 persoas desenvolveron convenios tutelados en empresas colaboradoras e, na formación para persoas directivas e emprendedoras, na que participan a CEP e Caixanova e que se ocupa do desenvolvemento de seminarios de autoemprego, participaron 175 persoas.

O proxecto Compás, que escomenzou no ano 2002 e que vai finalizar en decembro de 2004, se enmarca dentro da iniciativa Equal do Fondo Social Europeo, adicada a promover novos métodos de loita contra toda clase de discriminación e desigualdade no acceso a un mercado de traballo aberto a todos e todas. Dende o seu inicio, 2.187 persoas participaron en accións de formación.

Recoñecemento

Antes da entrega de diplomas, recoñeceuse a labor de distintas organizacións sociais, que colaboraron co proxecto Compás dende o seu inicio, en 2002. As entidades reconocidas foron a Asociación Secretariado General Gitano, Madro, Aldeas Infantiles, Mulleres Progresistas, Escola de Formación Social, Asociación de Sordos, Berce, Cárita, Asvidal e Cogami.