Escoitar

Obras de pavimentado e mellora nas rúas da cidade

O voceiro de Goberno municipal, José Manuel Figueroa, informou das obras de pavimentado que se executaran nas rúas da cidade froito do convenio entre a Deputación de Pontevedra e o Concello de Vigo.

luns, 5 xul 2004
Así iniciaranse nos próximos días obras de renovación de rodadura nas estradas Meixueiro-C.U.V.I. por un importe de 137.000,00 euros; mellora de pavimento e dotación de servicios Calvario-A Garrida (tramo Beade-Carneiras-Vigo) por 498.680,14 euros; mellora de pavimento e dotación de servicios Calvario-A Garrida (tramo Camiño Presas-Iglesia de Beade-Vigo) cun presuposto de 389.401,74 euros; e mellora de pavimento e dotación de servicios Calvario-A Garrida (tramo Martínez Garrido-Antigua CN-120-Vigo) por 418.271,27 euros.

Executaranse tamén obras de pavimentado da capa de rodadura nas seguintes rúas: Alfonso XIII, Avenida Arquitecto Palacios ; Cachamuiña, Avenida das Camelias ;Condesa Casa Bárcena; Ecuador ( desde Gran Vía ata Taboada Leal); Gran Vía desde praza de España ata praza de América; Lorrente-Santa Marta; avenida alcalde Martínez Garrido; Otero Pedrayo; paseo Alfonso XII; Placer; praza de España; Urzaiz desde Gran Vía a alcalde Gregorio Espino; Ramón Valle Inclán; Vía Norte desde Gregorio Espino a Urzaiz; e escultor Gregorio Fernández.

Por outra banda, o concelleiro informou tamén que a Xunta de Goberno Local aprobou na reunión celebrada hoxe asinar un convenio de colaboración coa empresa Desarrollo Tecnológico de Galicia,S.L. co obxectivo de patrocinar o "Primeiro Encontro Tecnolóxico Netgame" que se celebrará entre os días 13 e 18 de xullo de 2004 no recinto feiral de Cotogrande.