Escoitar

O Concello realizará un estudio sobre dropodependencias da xuventude

A Concellería de Benestar Social realizará un estudio epidemiolóxico sobre drogodependencias e outras adiccións nos xoves de 14 a 21 anos no municipio de Vigo o ser confirmada o financiamento do mesmo dentro das axudas e a iniciativas sociais que outorga a Fundación Barrié de la Maza.

martes, 6 xul 2004
A axuda que se recibirá para a realización do estudo é de 24.000 euros e estará dirixido polo profesor Elisardo Bacoña Iglesias, catedrático de Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía da Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela.

O estudio foi unha demanda das entidades que compoñen o Plan Local sobre Drogodependencias e outras Adicións de Vigo co que se pretende coñecer os factores de risco e protección para explicar o consumo e poder desenvolver con efectividade programa preventivos e por en marcha medidas para o control do consumo.

Os obxectivos xerais do estudio serán coñecer a prevalencia do consumo de drogas (legais e ilegais) e outras conductas aditivas (xogo patolóxico, outras adiccións comportamentais) nas persoas xoves da cidade de Vigo de 14 a 21 anos de idade; coñecer os factores de risco e protección que se relacionan co consumo e non consumo das distintas drogas e conductas aditivas. Pretendese tamén coñecer a avaliación do profesorado e orientadores dos centros escolares e suxerir un plan de acción xeral en función dos resultados obtidos.