Escoitar

¿Por qué non te subes ó Castro?

Cine, internet, obradoiros e cursos para tódolos gustos no Castro. Os venres non voltarán a ser os mesmos coas propostas do verán xove. O obxetivo: proporcionar á xuventude un espacio alternativo de encontro onde poida levar a cabo e propoñer, actividades ó aire libre.

xoves, 8 xul 2004
1089292995castroexpresion.jpg
Lucía Molares, concelleira de Xuventude
Noites calurosas de venres amenizadas por unha boa película ó aire libre, navegar pola rede gratis, cursiños de audio dixital, patinaxe en liña, debuxo, fotografía, xogos, campionatos...e todo nun mesmo lugar, un lugar de excepción, o monte de O Castro.

A Casa da Xuventude, na súa aposta polos máis xoves propón o Castrocine de 22.30 a 01.00 horas, sempre que non choiva, claro.

E ó carón das pistas de skate e bici ciber gratuíto con internet, chat e xogos, ademáis de revistas xuvenís e comiteca, obradoiros e cursos do máis variado.

Estas actividades, enmarcadas na proposta "Súbete ó Castro" faranse de 19.00 a 23.00 horas.

Para máis información chama ó 986 485 541.
Descargar todas as imaxes