Escoitar
Anuncio

Modificación puntual do PXOU sobre novo emprazamento da subestación eléctrica do Castro (expte. 8661/411)

venres, 9 xul 2004
O Pleno do Concello en sesión do 29 de xuño de 2004 acordou entreoutros aprobar inicialmente a modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Urbana de Vigo sobre novo emprazamento da Subestación Eléctrica do Castro, asumindo como propia a inciativa da entidade mercantil "Unión Fenosa S.A." segundo a documentación presentada con data de marzo de 2004, asinada pola arquitecta Dª María Asunción Leboreiro Amaro. (Expte. 8661/411).

O acordo de aprobación determinará, por si só, a suspensión do procedemento de outorgamento de licencias nos ámbitos do territorio obxecto de planeamento nos que as novas determinacións supoñan a modificación da ordenacións urbanística vixente.

Sométese o presente expediente ao trámite de información pública polo prazo DUN MES, mediante pubiciación no DOG, e en dous xornais de maior difusión da provincia; neste último caso, o anuncio deberá publicarse en dous días consecutivos. O prazo de exposición pública entenderase aberto dende a primeira publicación ata o remate do mes contado dende o derradeiro anuncio.

A documentación do presente expediente está ao dispor do público en xeral na Oficina de Información Urbanística, na planta baixa da Xerencia.

O presente anuncio servirá de notificación, nos termos establecidos nos artigos 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro de réxime xurídico das dministracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, para todos e todas aqueles/as interesados/as directamente afectados/as que por resultar descoñecidos/as ou por ignorar o seu domicilio non poidan ser notificados/as persoalmente.