Escoitar

Dende o luns poden retirarse ás entrada para X Festival Folclórico Internacional

As entradas para poder asistir ó X Festival Folclórico Internacional poderán comenzar a recollerse a partires do vindeiro luns 12 de xullo na concellería de Festas do Concello de Vigo.

venres, 9 xul 2004
1089377720cartelfestas1.jpg
O horario de recollida é de 9,00 a 13,30 horas e se entregarán un máximo de catro por persoa.

O Festival comenzará o venres día 16 de xullo no auditorio da AVV-CRSC de Beade e rematará o xoves 22 de xullo na alameda de Matamá.

V verán de Teatro

O programa de festas comeza o luns co inicio da programación do ciclo de teatro.A actuación será ás 23.00 horas na praza da Estrella a cargo do grupo catalán Pez en Raya que pon en escena a obra "Pésame Mucho".

Pez en Raya fórmase no ano 1997. Dous actores, moitas personaxes e a busca dunha linguaxe propia baseada no humor absurdo. Nesta ocasión trae a programación das Festas do Cristo de Vigo dúas montaxes: PÉSAME MUCHO e SÓLALA

Pésame mucho: A obra fálanos dun pobo atacado por Falafel, o mesmo diaño en persona. Dous actores interpretan ós extravagantes habitantes da vila; unha deliciosa vaca endiañada que da leite negra a súa bucólica dona e o mozo desta, un alcalde de pobo pouco convencional.
Descargar todas as imaxes