A ría de Vigo saúda á XII Bandeira Concello de Vigo de traíñas
A Concelleira de Deportes, Lucía Molares, presentaba esta mañá en rolda de prensa a regata de traíñas que terá lugar o 18 de xullo ás once da mañá no porto deportivo da cidade, e na que participarán quince equipos.
A XII Bandeira Concello de Vigo era oficialmente presentada esta mañá pola concelleira de Deportes, Lucía Molares. O porto deportivo da cidade será o lugar elixido pola organización para a celebración da xa tradicional regata o domingo día 18 de xullo ás 11.00 horas.
A concelleira sinalou a necesidade de potenciar este tipo de embarcacións tradicionais e de fomentar un evento destas características.
Aínda que a inscripción para participar na regata permanecerá aberta ata o xoves día 15 de xullo, o Clube Náutico de Vigo agarda contar cuns quince equipos na competición.
Fruto dun convenio firmado polo Concello e o Real Clube Náutico de Vigo no que o Goberno vigués aportou un total de 12.000 euros, os gañadores poderán optar a un premio en metálico de 1800 euros, sendo de 1500 para os segundos e de 1350 euros para os terceiros. A partires do 11º clasificado a cantidade descenderá a 200 euros. Os que desexen apuntarse poderán facelo na Federación Galega de remo.
Na XII Bandeira Concello de Vigo, embarcacións lixeiras e veloces formadas por 14 remeiros, 7 de cada lado e dirixidas por un patrón, percorrerán tres millas mariñas de augas celestes (5.556 metros). Así, a regata consistirá en facer un total de catro longos con tres ciabogas sobre babor, ou o que é o mesmo, ir de unha boia a outra e voltar á saída tres veces seguidas. Un espectáculo que, se o tempo acompaña, agarda ser presenciado por centos de vigueses como ocorre cada ano. E para o que prefira miralo dende a casa, será retransmitido pola Televisión de Galicia.
Considerada como a terceira regata máis importante a nivel galego, a XII Bandeira Concello de Vigo levarase a cabo en tres tandas a partires das 11.00 horas, nas que participarán cinco equipos en cada unha delas, segundo o resultado acadado na Liga.
Asimesmo, cabe destacar a importancia da creación da Liga Galega de Traíñas dentro da Federación Galega de Remo, xa que é a primeira vez que se organiza, con toda a relevancia que ten para este deporte náutico, ás veces, esquecido.
Descargar todas as imaxes