Vigo será sede da Conferencia Científica do Consello Internacional para a Exploración do Mar
O Centro Oceanográfico de Vigo presentou hoxe a elección de Vigo como sede para a celebración da Conferencia Científica Anual do Consello Internacional para a Exploración do Mar que se celebrará do 22 ao 25 de setembro, e na que se exporán os avances derivados da investigación mariña. Ao acto de presentación asistiu a alcaldesa de Vigo, Corina Porro; o delegado de España no ICES, Eduardo López-Jamar; o subdirector xeral de investigación do Instituto Español , Javier Pereiro e o director do Centro Oceanográfico de Vigo, Alberto González Garcés.
A alcaldesa subliñou que "esta conferencia internacional destaca e recoñece o importante papel que xoga a cidade, os seus investigadores e os centros científicos no ámbito da explotación e investigación". Engadiu Corina Porro que a celebración da conferencia é un acontecemento de primeiro orde, que non será o ultimo xa que se celebra despois de coñecer que Vigo será sede da Axencia Europea de Xestión de recursos pesqueiros, decisión ratificada polo actual goberno do estado.
A Conferencia Científica reunirá en Vigo a mais de 700 investigadores procedentes de 25 países. As sesións permitirán coñecer o estado actual das investigacións realizadas sobre o funcionamento dos ecosistemas mariños: ciclos de vida, interaccións entre depredadores e presas e cambio climático. Abordarase tamén o impacto humano neses ecosistemas , a pesca e os avances en tecnoloxía acústica e a súas aplicacións na investigación mariña.
As industrias sostibles vinculadas ao mar, como a acuicultura, e o uso sostible dos recursos mariños mediante a xestión do ecosistema, serán outros argumentos obxecto de análise durante a Conferencia Científica.
Descargar todas as imaxes