Arranca o V verán de teatro coa actuación do grupo "Pez en Raya"
O ciclo adicado ó cine acollerá a un total de sete grupos ata o 18 de xullo e contará cun presuposto de 18.000 euros.
Co obxetivo de divertir á xente e promocionar o teatro, o concelleiro de Festas, Ignacio López-Cháves presentaba esta mañá, en rolda de prensa, a quinta edición do verán de teatro. Un ciclo no que se invertiu un total de 18.000 euros.
O grupo "Pez en Raya" será o encargado de inaugurar este ciclo coa posta en escea da obra "Pésame Mucho", hoxe na Praza da Estrela ás 23.00 horas.
O grupo, formado no ano 1997,está composto por dous actores que dan vida a moitas personaxes en busca dunha linguaxe propia baseada no humor absurdo.
Con máis de 200 actuacións ós lomos, "Pésame mucho" chega a Vigo para contarnos a historia dun pobo que é atacado polo diaño e no que habitan extravagantes veciños, unha vaca que da leite negra, a súa dona e o mozo desta, entre outros. Unha historia de creación propia aliñada cun humor adulto e sobre todo, absurdo.
E como colofón, "Pez en Raya" despidirase da nosa cidade mañá coa posta en escea de "Sólala", unha historia melodramática que combina o cine mudo cun directo co público e que terá lugar ás once da noite na Praza da Estrela.
Descargar todas as imaxes