O "Netgame Caixanova" recibirá a 1.200 xoves
A alcaldesa, Corina Porro, inaugurará esta tarde en Cotogrande o Netgame, que abrirá a súas portas aos internautas ata o domingo 18 de xullo ás 17.00 horas. Seis días nos que os asistentes poderán disfrutar de talleres, xogos ou concursos da máis diversa índole.
Considerado como o maior encontro de usuarios de informática de Galicia e norte de Portugal, o "Netgame Caixanova", abre as súas portas dende hoxe ata as 17.00 horas do domingo 18 de xullo. O pabellón número dous do Instituto Ferial de Cotogrande (Ifevi) será o lugar elixido para esta "party", a segunda en importancia do país, despois da de Valencia.
A alcaldesa, Corina Porro, será a encargada de inaugurar o encontro, xunto co Conselleiro de Innovación, Industria e Comercio, Juan Rodríguez Yuste, a delegada provincial da Consellería de Innovación, Industria e Comercio, Carmen Bianchi e o Xerente da empresa organizadora Detega, Luis Asenjo, así como outras autoridades e patrocinadores que chegarán ó Ifevi hoxe ás 17.00 horas.
Durante un total de seis días e cinco noites, o recinto ferial de Cotogrande porá a disposición dos 1.200 asistentes un espacio de ocio e entretenemento de excepción.
O evento, está dirixido a calquiera persoa, teña ou non coñecementos de informática e Internet, onde poderán conectarse a Internet a través dunha conexión de banda ancha. Ademáis, establecerase unha rede interna de alto rendimento que ofrecerá a posibilidade de intercambiar información a velocidades superiores aos 8 megas por segundo.
Na "Netgame Caixanova", os participantes poderán asistir a talleres de fotografía dixital, iniciación a 3D, de vídeo e televisión, curso wireless Universidad, taller de publicidade gratuita en Internet, software libre e edición dixital de imaxes ou linux para gamers, entre outros. Incluso poderán tomar parte en xogos e concursos como o campionato de xadrez on-line, no que participará o axedrecista Alejandro Hoffman, dúas veces finalista nos campionatos mundiais.
Este ano, os internautas optarán, ademáis, a máis de 35.000 euros en premios e os participantes da Universidade de Vigo obterán créditos de libre elección.