Escoitar

O equipo de bombeiros de Vigo proclámase campión do torneo nacional de fútbol 7

Por segundo ano consecutivo, o equipo de fútbol 7 dos bombeiros de Vigo proclamouse gañador do torneo que se celebra anualmente e no que participan 60 parques de bombeiros de toda España. A alcaldesa, Corina Porro, recibiunos hoxe no Concello e felicitou aos xogadores polo trofeo acadado.

martes, 13 xul 2004
1089719206bomberoscorina1.jpeg
Unha vez máis os bombeiros de Vigo proclamáronse gañadores do torneo de fútbol 7 celebrado en Zaragoza do 23 ó 27 de xuño. Torneo no que participaron un total de 60 parques de bombeiros de tódolos territorio nacional.

Os catorce integrantes do equipo foron recibidos esta mañá pola alcaldesa, Corina Porro, quen os felicitou polo esforzo mantido en Zaragoza e pola labor social que levan a cabo día a día.

A final enfrontou aos vigueses co conxunto da Comunidade de Madrid fronte os que venceron por 4-2.

Compre recordar que os bombeiros de Vigo levan cinco anos participando neste campionato anual e que con este xa son dous os trofeos acadados.

Pero ademais de proclamarse campións, dous dos integrantes do equipo vigués foron recoñecidos co premio ao máximo goleador, para Antonio Fontenla, e o de mellor xogador do campionato de España de fútbol 7 de bombeiros, que recaeu en Luis Miguel Sánchez.

En total foron catorce os bombeiros que nos representaron en Zaragoza:
- Perfecto García
- Manuel Otero
- Santiago Otero
- Manuel Suárez
- Manuel Rodríguez
- Manuel Aguirre
- Luis Miguel Sánchez
- Fernando Solveira
- Benito Villaverde
- Ángel Iglesias
- Justo Alonso
- Javier Ribeiro
- Guillermo Iglesias
- Antonio Fontenla
1089719206bomberoscorina1.jpeg
1089719238bomberoscorina2.jpeg
Descargar todas as imaxes