Os galegos Sapristi presentan mañá "Hotel Run" dentro do V verán de teatro
A actuación, a carta dende que comezou o ciclo adicado ó cine, terá lugar ás 23.00 horas na Praza da Estrela e a entrada será libre.
Sapristi é un grupo galego que traballa dende 1993 co obxectivo de crear espectáculos de humor corrosivo e na procura de públicos non habituais nas salas de teatro.
O grupo, conformado legalmente baixo o nome Produccións Teatrais Excéntricas S.L., aposta pola alternancia entre locais convencionais e participación en festivais folk, en concertos de rock, así como en todo tipo de actos de carácter social.
"Hotel Run" relata a historia de dúas irmás que queren cumprir a derradeira vontade do seu defunto pai; espallar as súas cinzas nun lugar pouco usual dun establecemento hoteleiro de dubidosa reputación.
Para levar a cabo esta encomenda terán que pasar xuntas parte dunha noite reveladora do pouco que teñen en común como irmás. Unha é a maxia. Outra o racional. No remate o máxico e o racional chegarán a harmonizarse ao acadar unha solución axeitada para un grave problema provocado por un pequeno imprevisto.
Descargar todas as imaxes