Os cataláns "La Baldufa" pechan o V Verán de Teatro con "Catacrack"
O domingo, o grupo catalán "La Baldufa", será o encargado de poñer o telón de fondo a un ciclo adicado ao cine e que acolleu dende o 12 de xullo un total de sete representacións na praza da Estrela.
A Banda da Baldufa fúndase en 1996 na cidade de Lleida. O seu único obxetivo era roubar risas e vivir do conto. Empezan a actuar na rúa, en colexios, comunións e bodas, ata que chega a súa primeira montaxe "Los tres cerditos en la playa", da que fan máis de 150 actuacións.
Levan a cabo incursións no teatro experimental e tamén nas representacións polas rúas. Teñen recibido numerosos premios pero destacan os que avalan a súa montaxe "Las aventuras del varón de Munchausen", do que fan máis de 400 representacións en varios idiomas.
"Catacrack" relata a aventura da banda criminal do mesmo nome (ou banda do xamón), adicada a pequenos hurtos, venta de CD stop manta, contrabando de xamón e outros embutidos. Unha banda que planea un gran golpe co obxetivo de roubar "el diamantón", do xeque Alí Tosis, unha xoia de valor incalculable. Para conseguilo van utilizar tódolos medios necesarios: planos, explosivos, armas, túneles…
Un roubo imperfecto, un plan que supera con creces a ficción. Un delirio de grandeza que acabou sendo unha grande chapuza, pero que durante máis dunha hora sumirá ó tetro na máis profunda das psicosis colectivas.