Escoitar

O paiaso Popín presenta "Chelofón" no V Verán de Teatro

O arxentino Popín Magune coa colaboración do chelo cubano Luis Caballero, actuarán o sábado ás 23.00 horas na praza da Estrela. A entrada será libre.

venres, 16 xul 2004
Este grupo vigués está integrado por Popín Magune, sobradamente coñecido en Vigo como "o paiaso Popín", que nesta ocasión comeza a súa propia andaina como artista dirixido ó público adulto.

O arxentino conta coa colaboración do chelo Luis Caballero, un instrumentalista cubano e profesor no Conservatorio Mayeusis.

"Chelofón" une o xesto, a palabra, a poesía, o humor e a música. Textos de Calderón, Borges, Cunqueiro, van estar unidos á improvisación de Popín Magune, que interpreta como só él sabe facer un papel de bufón disposto a levarnos a situacións absurdas, a accións que buscan como fin fundamental a risa do público.