O Concello celebrará o domingo 18 de xullo o "IX maratón fotográfico"
O Concelleiro de festas, Ignacio López Chaves, presentou, en rolda de prensa, o IX maratón fotográfico que terá lugar o vindeiro día 18 de xullo. Neste concurso poderán participar todas aquelas persoas que formalicen a súa preinscripción na Agrupación Fotográfica Galega, sita na rúa Uruguai 17, entre as 19 e as 21 horas, ou ben o memo día do maratón no lugar da saída entre as 10 e 11 horas da mañá.
O Concello de Vigo celebrará o vindeiro domingo a novena edición do xa tradicional maratón fotográfico. O concurso terá lugar na praza do Rei, onde os participantes deberán presentarse ás 11.00 horas para realizar o control de saída. Nese momento entregaráselle a cada un o seu número de identificación e unha camiseta conmemorativa que deberán vestir durante todo o evento. Os que participen na categoría de fotografía analóxica recibirán un carrete de doce fotos mentreas que os de dixital poderán facer tódalas fotografías que desexen. Ás 11.30 horas daráselle saída oficial ao maratón.
Os participantes deberán fotografiar catro temas que non serán adiantados ata o momento do control.
O carrete (categoría analóxica) entregarase na praza da Constitución entre as 23.00 e as 00.00 horas, mentres que os participantes da categoría dixital deberán entregar á organización un CD ou soporte dixital no que incluirán as catro fotos que representen a cada un dos temas propostos.
Os participantes neste IX maratón fotográfico Concello de Vigo, deberán aboar a cantidade de seis euros en concepto de inscripción. O número máximo de participantes será de 200, segundo a orde de inscripción.
Os premios para os gañadores serán de 900 euros para o primeiro clasificado na categoría analóxica, 500 para o segundo e 200 euros para o terceiro. Na categoría dixital, o primeiro premio será de 400 euros e o segundo de 250. Premios que se lles concederá á serie fotográfica.
Así, coas fotografías elixidas, o Concello de Vigo organizará unha exposición na Casa das Artes. Será alí onde se coñecerá aos gañadores.
O IX maratón fotográfico, organizado pola Agrupación Fotográfica Galega e patrocinado polo Concello, contará cun presuposto de 6.000 euros e agarda superar os cen participantes.
Descargar todas as imaxes