Escoitar
<br />

Bases do concurso de ideas para a elaboración e desenvolvemento de proxectos e actividades para o programa de formación e animación sociocultural da Concellería da Muller 2004-05

A Xunta de Goberno Local de Vigo na sesión ordinaria do 28 de xuño de 2004, acordou a aprobación das bases do concurso de ideas para a elaboración e desenvolvemento de proxectos e actividades para o programa de formación e animación sociocultural da concellería da muller 2004-2005

venres, 16 xul 2004
As actividades e/ou proxectos que se presenten ó concurso versarán necesariamente sobre algunha ou a totalidade das seguintes materias ou lotes:

1.- Formación para acadar a igualdade real na vida cotiá: mecánica, fontanería,electricidade, pequenas reparacións domésticas, etc
2.- Formación persoal: educación física, saúde, habilidades sociais, coñecemento do contorno, informática.
3.- Arte e manualidades, non relacionadas directamente cos traballos domésticos tradicionalmente realizados polas mulleres: teatro, canto, pintura, cerámica, restauración, marquetería, etc.
4.- Medios de publicitación, comunicación e difusión do programa

A metodoloxía empregada propiciará, dende unha perspectiva de xénero, a participación das alumnas, o traballo en grupo e uso do galego como lingua de relación.

As bases están no Rexistro Xeral do Concello, onde tamén se presentarán as propostas antes das 13 horas do 29 de xullo de 2004.