A concellería de Xuventude distribúe gratuitamente entradas para o concerto de "Dio" na cidade
Os interesados poderán conseguir as entradas a través da páxina web da concellería www.xuventudevigo.org.
A concellería de Xuventude de Vigo distribúe 50 entradas gratuítas para o concerto que Dio celebrará na nosa cidade o vindeiro venres 30 de xullo no Pabillón das Travesas.
Os que estean interesados poderán conseguir estas entradas a través da páxina da concellería www.xuventudevigo.org.
O obxetivo desta iniciativa non é outro que o de dar a coñecer e promover a páxina da concellería, na que se pode atopar información tanto de programas propios (Verán Xove, Súbete ao Castro, TocaVigo...) coma de interese xuvenil (emprego, estudios, asociacionismo, ocio e tempo libre...). Ademáis, esta páxina tamén quere ser un medio a través do cal os xoves poidan expresarse e transmitir as súas opinións ou ideas.