Escoitar

O Concello cofinanciará un Programa de prevención de Drogodependencias e Promoción da Saúde

A Xunta de Goberno Local aproba un convenio coa consellería de Sanidade polo que o Concello comprométese a aportar un total de 22.500 euros este ano e 7.500 no 2005. A Xunta de Galicia participará con 47.000 euros.

luns, 19 xul 2004
Na área de Benestar Social, o Concello aprobou na Xunta de Goberno Local un convenio de cofinanciamento coa consellería de Sanidade para o Programa de prevención de Drogodependencias e Promoción da Saúde.

Así, o Concello comprométese a aportar un total de 22.500 euros para facer fronte á parte correspondente de cofinanciamento do citado convenio neste ano, e un total de 7.500 euros no vindeiro ano 2005, de existir dotación económica suficiente e adecuada nos presupostos dese ano. Pola súa parte, a Xunta de Galicia aportaría un total de 47.000 euros.

O concelleiro e portavoz do Goberno vigués, José Manuel Figueroa, destacou, asimesmo, a existencia de dous proxectos de convenio de colaboración coa Asociación Xuvenil Abertal e co Plan Comunitario de Teis.

O primeiro deles destinaríase ao desenvolvemento de actividades para o programa de apoio á infancia baixo un importe de 13.000 euros, mentres que o suscrito co Plan Comunitario de Teis ten como finalidade o desenvolvemento dun proxecto de atención ao menor en Teis por unha cantidade que ascende ós 9.021 euros.

O obxectivo destas propostas é o de traballar en programas de prevención de conductas de risco e inadaptación social cos máis novos, ademáis de facer que o lecer dos cativos sexa máis enriquecedor no aspecto educativo e persoal.

Outro dos puntos tratados na Xunta de Goberno Local foi o referinte ás conclusións e propostas do "Seminario sobre emerxencia social" realizado o 14 de maio en Vigo, dentro do Plan Local sobre drogodependencias e outras adiccións.

As principais propostas son: a necesidade de crear un Centro de Emerxencia Social, de coordinar e optimizar os escasos recursos existentes e a consideración de que este centro sexa de titularidade pública municipal e que atenda a Vigo e á Área Metropolitana.