Escoitar

Blondie presenta en Castrelos o seu novo traballo "The Curse of Blondie"

O auditorio de Castrelos acolle o primeiro dos concertos que se inclúen dentro do programa das Festas do Cristo da Victoria 2004. O encargado de inaugurar o ciclo de concertos será o grupo Blondie, que actuará a noite do luns ás 23.00 horas. A entrada terá un precio único de 10 euros, sen asento.

luns, 19 xul 2004
1090230176blondie.jpg
Blondie presentará en Castrelos o seu novo traballo "The Curse of Blondie" ( A maldición de Blondie). Trátase dun disco con 14 temas novos, considerado como o álbum máis experimental e variado dende o punto de vista musical da historia do grupo.

O grupo

No ano 1973 en Nova Iorque únense a vocalista Debbie Harry e o guitarrista Chris Stern para formar un ano despois Blondie, un grupo que reivindicaba un novo xeito de música que deron en chamar punk. Pronto se incorporaron á formación o batería Clern Burke, o baixista Gary Valentine e o teclista Jimmy Destri.

A banda comezou tocando en algúns locais da cidade e no ano 1976 graba o seu primeiro álbum, no que se nota a influencia que sobre a súa música ten a década dos sesenta.

Trala incorporación de Franz Infante, para sustituir a Gary Valentine, o grupo publica no ano 1978 "Plastic Letters", obtendo uns meses despois o seu primeiro número un con "Denise Denise". Nesa época incorpórase a Blondie como baixista Nigel Harrison, mentres Infante pasa a ocuparse da guitarra.

No ano 1978 o grupo lanza o seu terceiro álbum, "Parallel Lines", e chega co tema "Hearts of Glass" a ser número uno en Estados Unidos e Gran Bretaña.

En 1979 lanza o seu carto álbum, "Eat to the beat", e aparece "Call Me", banda sonora da película "American Gigoló", que se converte en número un.

En 1980 publican o álbum "Autoamerican", e un ano despois aparecen diversas tensións no grupo.

Dous anos máis tarde publican "The best of Blondie" e pouco despois "The Hunter". O reencontro durou só ata o ano 1984, cando deciden separarse.

En 1997 volven reunirse xunto ao productor do seu primeiro álbum para crear "No Exit", un traballo que acada un rotundo éxito. A súa colocación nos primeiros lugares das listas e medio millón de copias vendidas ven a demostrar que Blondie evoluciona xunto coa súa música e que sabe adaptarse a cada tempo, sen renunciar ao seu propio estilo.
Descargar todas as imaxes