O Concello celebrará a recepción institucional do Día de Galicia o vindeiro venres 23 de xullo
O acto terá lugar ás 20.00 horas no Pazo Museo Quiñones de León. Carlos Núñez será o encargado de redactar e ler o Bando que realiza o Concello con motivo desta festividade.
O Concello festexará o Día da Patria Galega o vindeiro venres día 23 no Pazo Museo Quiñones de León de Castrelos. O acto terá lugar ás 20.00 horas, nas que trala presentación, procederase á lectura do Bando.
O artista vigués, Carlos Núñez, será o encargado de redactar o bando institucional que realiza o Concello con motivo da celebración do Día de Galicia.
A alcaldesa, Corina Porro, encargou a redacción do bando ao gaiteiro a semana pasada, cando Núñez chegou á cidade para presentar o seu espectáculo en Castrelos.
Así, o artista será quen lle de lectura ao bando, como xa é tradición, no transcurso da gala institucional.
Pola súa parte, o acto estará amenizado polos sons da Banda de Gaitas "Provincia de Pontevedra", encargada da apertura do mesmo, que pechará a gala coa interpretación do Himno Galego.
Orde do acto
19.45 horas: Chegada de autoridades e convidados. Saúdos da Banda de Gaitas "Provincia de Pontevedra"
20.00 horas: Presentación
20.10 horas: Lectura do Bando do Día de Galicia polo artista Carlos Núñez
20.20 horas: Palabras da alcaldesa Corina Porro
Himno Galego interpretado pola Banda de Gaitas "Provincia de Pontevedra"
Recepción e aperitivo.
Descargar todas as imaxes