Escoitar

Rematan os traballos da rotonda de Hispanidad

Arbustos, begonias e lobelias ocuparán a rotonda que ata fai pouco presidía un conxunto de esculturas. Os traballos de axirdanamento veñen a coincidir co remate da rotonda de A Calzada, no que se optou pola simboloxía que o olivo garda coa cidade.

mércores, 21 xul 2004
Operarios do departamento de xardíns do Concello veñen de rematar os traballos de remodelación da rotonda da rúa Hispanidad.

O cambio de imaxe que se levou a cabo consistiu en resaltar a ubicación dunha palmeira chamaerops excelsa que fora trasladada no seu día da isleta do cruce da rúa Colón á ubicación actual, coa presencia dunha rocalla.

Ademáis de repoñer o tepe na zona dañada ao retirar as esculturas e a modificación do sistema de rego automático incrementando o número de aspersores, creouse, en forma de medio círculo, un mazo de flores, composto por 64 arbustos vivaces, 600 begonias brancas e 140 lobelias azuis.