Escoitar

A praza da Estrela acollerá o Ciclo de Bandas Populares de Música ata primeiros de agosto

O concelleiro de Festas, Ignacio López-Chaves, presentou o mércores un novo ciclo adicado á música local, que correrá a cargo dunha representación das Bandas da Federación de Vigo. As actuacións terán lugar na praza da Estrela a partir do 25 de xullo e a entrada será libre.

xoves, 22 xul 2004
1090491984bandaspop.jpg
Un total de nove serán as bandas que dende o vindeiro domingo e ata o 1 de agosto actuarán na praza de Estrela co fin de promocionar a música local.

Así presentaba o concelleiro de Festas, Ignacio López-Chaves, o xa tradicional Ciclo de Bandas Populares. Unha actividade máis das contempladas dentro das Festas do Cristo da Victoria.

As bandas das parroquias de Cabral, Coruxo, Candeán, Bembrive, Valadares, Matamá, Beade e Oia, serán as encargadas de traer ata a praza da Estrela os sons máis autóctonos da comarca.

As actuacións terán lugar pola semana ás 21.00 horas excepto os sábados, que serán ás 12.00 e ás 21.00 horas e os domingos ás 12.00 horas.

O ciclo promete, se se ten en conta a afluencia masiva de público nos concertos que tiveron lugar dende maio e que foron posibles gracias a un novo convenio firmado polo Concello e a Federación de Bandas de Vigo en marzo. Dende entón, xa foron máis de 100 as actuacións que tiveron lugar na cidade.

A encargada de abrir o ciclo será a Unión Musical de Cabral, fundada no ano 1986 e formada por 37 compoñentes, que actuará o domingo 25 de xullo ás 12.00 horas na Praza da Estrela.
Descargar todas as imaxes