Escoitar

Inauguración da exposición do VIII Concurso de Carteis "Festas do Cristo da Victoria"

A exposición da oitava edición do Concurso de Carteis que se celebra cada ano con motivo das Festas do Cristo, terá lugar mañán na aula didáctica do Museo de Castrelos, onde se poderá visitar ata o 15 de agosto.

luns, 26 xul 2004
1090844257festas.jpg
Mañá, 27 de xullo, inaugurarase a exposición do VIII Concurso de Carteis "Festas do Cristo da Victoria", que se desenvolverá na aula didáctica do Museo de Castrelos entre os días 27 de xullo e 15 de agosto.

O gañador deste ano foi Santiago Manuel Jorge Santos, cuio traballo foi elixido de entre un total de 51 obras presentadas para esta edición. O nome do cartel gañador presentouse baixo o lema "JS-41" e o seu autor, recibirá por él un premio único de 2.400 euros en metálico.

O xurado concedeu tamén dous accésit de 450 euros cada un a Raúl Cardoso Cabrero que presentou o cartel "Vicus Noites" e a Roberto Argüelles Menaz, co cartel "Cidade en Festas".

O horario de visitas á exposición é de martes a sábado de 17 a 20 horas, domingos e festivos, de 10 a 13.30 horas mentres que os luns permenecerá pechado.
Descargar todas as imaxes