O V Festival Internacional "Para Vigo me voy" abre as súas portas coa actuación do músico cubano Israel Cachao
O concerto terá lugar o martes no auditorio de Castrelos ás 23.00 horas. Os teloneros "Media Naranja", serán os encargados de dar paso á música de raíces cubanas, que correrá a cargo do artista convidado, Israel Cachao. A entrada será de balde.
Castrelos acollerá ata finais do mes de xullo a artistas da embergadura de Bebo Valdés, Dulce Pontes, Carlos Baute ou Coti que actuarán dentro da quinta edición do xa tradicional Festival Latino Internacional "Para Vigo me voy". O encargado de abrir este ciclo adicado á música latina será o cubano Israel Cachao, que actuará o martes ás 23.00 horas.
Biografía
Israel Cachao López (La Habana, 1918) é contrabaixista, compositor e director de orquesta.
O percorrido deste músico cubano ao longo da historia musical de Cuba remóntase aos lexanos anos da década dos trinta. Descendente dunha familia netamente musical, Cachao —nome co que tempranamente foi coñecido nos ambientes artísticos— ingresou, aos escasos trece anos, á Orquesta Sinfónica de La Habana.
Israel Cachao é un dos músicos que máis influiu na música latina, e compuxo xunto ao seu irmán Orestes máis de 3.000 pezas, na súa gran maioría para a Orquesta Arcaño e Sus Maravillas.
A Israel e a Orestes López atribuéselles a creación do mambo en 1939. Tamén é considerado un maestro da descarga, sesións de improvisación musical con ritmos afroantillanos e mestura de jazz.
O músico saiu de Cuba en 1962, tras a chegada de Fidel Castro, e estableceuse en Nueva York, donde exerceu unha notable influenza en famosas bandas de salsa como as de Tito Rodríguez e Charlie Palmieri.
Descargar todas as imaxes