Escoitar

A Nova autovía Vigo-Pontevedra garantirá o acceso e a saída de ambas cidades, mellorará as conexións coa meseta e descargará tráfico de Rande

O proxecto de trazado da nova autovía Vigo-Pontevedra, presentado no pazo-museo Quiñones de León pola alcaldesa e o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, Alberto Núñez Feijóo,contará cun presuposto de 488.63 millóns de euros e terá unha lonxitude de 48.27 kilómetros.

martes, 27 xul 2004
1090931314autovia.jpg
A alcaldesa de Vigo, Corina Porro e o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, Alberto Núñez Feijóo, presentaron hoxe o proxecto de trazado da nova autovía de unión entre Pontevedra e Vigo, alternativa Á Ponte de Rande.

Durante a presentación, que tivo lugar no pazo-museo Quiñones de León, Núñez Feijóo destacou que "a nova autovía e o segundo cinto –engadiu- conseguirá canalizar unha parte sustancial dos tráficos que actualmente acceden a Vigo dende Rande pola autoestrada do atlántico; así como unha parte sustancial dos tráficos que acceden a Vigo pola autovía de Madrid; desconxestionar o tráfico Morrazo-Vigo que emprega a Ponte de Rande e a actual estrada Pontevedra-Redondela-Vigo e dotar a Pontevedra dun nuevo acceso a Portugal, a meseta e o Val Miñor".

Obxectivos
A nova vía, xunto coas autovías Rande-Puxeiros e o segundo cinto, supón canalizar os tráficos que acceden a Vigo, dar continuidade o segundo cinto, permitir unha alternativa o tráfico actualmente saturado en Vigo – Redondela, Redondela-Pontevedra e Redondela-Porriño,servir de alternativa a Ponte de Rande e conectar Pontevedra coa Autovía das Rías Baixas.

Trazado
O proxecto de autovía, que vai ser remitido ao Ministerio de Fomento, ten unha lonxitude de 48.27 quilómetros e un investimento de 488.63 millóns de euros.

O trazado vai dende o enlace da autoestrada do atlántico na saída Pontevedra Sur, pasando por Bértola (Vilabo), Figueirido (Vilaboa), Ventoseca (Redondela), Os Valos (Porriño) e Peinador (Vigo).

Outro dos traxectos vai dende Ventosela (Redondela), polo Carballido (Pazos de Borbén), Córtellas (Ponteareas) e Moreira (Ponteareas).

As vantaxes deste trazado son:
- Realiza as variantes das poboacións situadas ao longo da estrada Pontevedra-Vigo, en Vilaboa, Arcade, Cesantes e Redondela)
- Facilita o acceso a Vigo
- Descarga de tráfico á Ponte de Rande e evita o paso dos vehículos de longo percorrido pola autoestrada do atlántico
- Ten menor lonxitude
- Mellora a conexión coa Autovía das Rías Baixas.

Por outra banda, esta nova conexión vai supoñer un aforro nos tempos das comunicacións. Concretamente, pódese destacar a conexión Pontevedra-Navia e Pontevedra-Valadares.

Con respecto aos costes da nova vía e os previstos pódese dicir que é mais barata a proposta da Xunta de Galicia que a existente, xa que se aforrarán un total de 24.37 millóns de euros.
Descargar todas as imaxes