A concellería de Turismo presenta a guía de servicios da tarxeta turística VigoCard
A publicación recolle a ubicación e explicación de cada establecemento, comercio e servicio que practicarán descontos aos usuarios da tarxeta turística. A guía será entregada gratuitamente ao mercar a VigoCard, á venda dende o pasado luns nas oficinas de información turística de A Pedra e a praza do Rei e que se poderá adquirir nos hoteis de catro e tres estrelas da cidade máis adiante.
Trala posta en marcha da tarxeta turística VigoCard o pasado luns, a concelleira de Turismo, Lucía Molares, presentou a guía de servicios da tarxeta. Unha publicación que co fin de dinamizar o sector e potenciar Vigo como destino turístico, recolle unha extensa explicación sobre cada un dos establecementos, comercios e servicios que ofertarán descontos aos usuarios da VigoCard.
Esta guía será entregada gratuitamente ao mercar a tarxeta nas oficinas de información turística sitas en A Pedra e na praza do Rei e, posteriormente, nos hoteis de catro e tres estrelas da cidade.
A guía, inclúe un mapa da cidade onde os usuarios da VigoCard poderán ubicar os establecementos adheridos á promoción. Desta maneira, os turistas que se acheguen ata Vigo disfrutarán de importantes descontos en museos, transportes (RENFE, bus turístico, aluguer de vehículos), actividades de ocio (avioneta turística, quads, sendeirismo...)ou actividades náuticas, sen olvidarnos das promocións e descontos nos establecementos hosteleiros, tales como restaurantes, cafés ou bocaterías.
Polo de pronto, xa son un total de 89 o número de establecementos da cidade que participan desta iniciativa, pero a medida que se vaian incorporando máis, iranse publicanco novas edicións da guía.
A tarxeta turística VigoCard, á venda dende o luns, poderá adquirirse en tres modalidades:
- VigoCard 24 horas: que permitirá a un usuario disfrutar dos descontos que se contemplan na guía de servicios durante todo un día polo prezo de 6 euros.
- VigoCard 48 euros: para que un usuario e un menor de 14 anos se beneficien dos descontos durante dous días por 12 euros.
- VigoCard 48 horas familiar: prevista para dous adultos e dous menores de 14 anos. O seu prezo será de 15 euros.
O que merque a tarxeta disfrutará, ademáis, dunha bonificación do 50% no prezo do bus turístico e un 20% en trens rexionais de RENFE. Asimesmo, poderá visitar museos como o MARCO ou o VERBUM por tan só 1 euro.
A concellería de Turismo, que dirixe Lucía Molares, ten previsto levar a cabo unha campaña promocional de lanzamento da VigoCard co fin de dar a coñecer as súas vantaxas, para a que se realizará unha campaña publicitaria no circuito de MUPIS da cidade. Ademáis, publicitarase a tarxeta nos establecementos comerciais e de hostelería.
Os establecementos adheridos á campaña exhibirán un distintivo identificativo para que o turista poida recoñecelos facilmente.
Descargar todas as imaxes