Un recital de sabor cubano unirá a Bebo e Chucho Valdés en Castrelos
Dous carreiras diferentes contaxiadas pola paixón dos ritmos da terra cubana voltarán a misturarse nun escenario, despois de máis de 30 anos, para amosar ao público un recital único. Bebo e Chucho Valdés, pai e fillo, farán de Castrelos, o mércores ás 23.00 horas, un lugar de encontros. Un concerto no que estarán arropados pola All Stars Latin Jazz Big Band.
Tras máis de 30 anos separados, subiranse a un mismo escenario, en Vigo, dous míticos músicos cubanos, o pianista Bebo Valdés (que triunfa actualmente xunto ao cantaor de flamenco Diego El Cigala) e o seu fillo, Chucho Valdés, que acumula xa varios premios Grammy. Acompañando a súa actuación estará a All Stars Latin Jazz Big Band.
O concerto, o segundo incluído na programación do V Festival Internacional "Para Vigo me voy", terá lugar ás 23.00 horas no auditorio de Castrelos. O prezo da entrada será de 6 euros, con asento.
Biografía
Bebo Valdés (Cuba, 1918), considerado unha das figuras centrais da época de ouro da música cubana, comezou como pianista na orquesta de Julio Cuevas antes de pasar a Tropicana, convertíndose no seu director musical.
En 1952, o productor Norman Granz encargoulle a grabación da primeira descarga de jazz cubano. Coa súa orquesta, cantou Beny Moré e foi director musical de Lucho Gatica. Foi creador do ritmo a batanga. En 1960 abandonou Cuba e desde 1963 vive en Estocolmo, Suecia.
No ano 2000 lánzase a película dirixida por Fernando Trueba, "Calle 54", xunto cun dobre CD da banda sonora da mesma. O éxito foi extraordinario, por tratarse dun dos encontros históricos entre os máis grandes do Jazz Latino entre os que estaban, entre outros, Bebo Valdés, Tito Puente, Eliane Elias e Jerry Gonzalez.
O seu recente disco, con Lola Records, titulado "El Arte del Sabor" xunto con Cachao e Patato, saíu en abril de 2001, e gañou o "Grammy latino" á categoría Mellor Álbum Tropical Tradicional. Xa no 2003 este traballo recibiu o nomeamento aos Grammy (xeral) na mesma categoría, Mellor Álbum Tropical Tradicional.
Cousa de familia
O fillo de Bebo Valdés, Chucho Valdés foi educado nun sólido ambente musical, e aos 16 anos xa tocaba no seu propio grupo.
Fusiónanse nel os compositores máis importantes da historia da música universal, os da música cubana, as ensinanzas do seu pai e as raíces africanas que conforman a mellor tradición musical cubana, dando como resultado un maxisterio que marcou a arte musical da isla dos últimos 30 anos. Como intérprete, Chucho Valdes foi considerado un dos catro primeiros pianistas de jazz do mundo.
Inmenso talento, mans privilexiadas, afamados escenarios –Carnegie Hall, Lincoln Center, Kennedy Center, Ronnie Scout- 10 nomeamentos e tres premios Grammy, son algúns dos aspectos que fan de Chucho Valdés, unha lenda do jazz.
No seu máis recente traballo figura un disco na vertente clásica con obras propias e de Lecuona, Chopin, Debussy e Ravel.
Descargar todas as imaxes