Escoitar

Emo-pop e rock&roll da man do XoveVigo na praza do Rei

Aphrodite co seu estilo "emo pop" e Los <br /> Casanovas, rock&roll , amenizarán o xoves, dende as 23.00 horas, aos vigueses que se acheguen ata a praza do Rei. A entrada será de balde.

xoves, 29 xul 2004
O grupo Aphrodite foi finalista na "Festichan 2004" e nestos intres prepara o seu primer video clip. Con eles estarán Los Casanovas, grupo formado no 2003 e que ten prevista a grabación dun disco ao tempo que prepara un traballo de homenaxe a Los contentos.

Los Casanovas
O que en principio era unha banda de versións de rock and roll e rithm´n´blues que pasaría polo seu propio filtro a música de grupos dos 50 e 60 como Kinks, Rolling Stones, Chuck Berry ou Beatles, ten pasado a ser un grupo totalmente constituido e con temas propios.

Próximamente a banda ten prevista a gravación dun disco e participarán nun traballo de homenaxe a Los Contentos, banda lucense de garaje e r´n´roll, xunto a grupos como Siniestro Total, Josele Santiago, Bummer, Rockahullas, Killer Barbies ou Ultracuerpos.

O conxunto está formado por Billy King á batería (Killer Barbies, Los Cafres); Óscar Avendaño, á guitarra rítmica (Siniestro Total, Trem Fantasma); Jacobo Jiménez ó baixo (High Sierras), Paulo Pascual á guitarra solista (Trem Fantasma, FMB) e Fran Iguana como cantante solista (Mansfield Moutains, Glue Sniffers).