Arranca o Campamento Urbán 2004 "Xoga con Vigo"
O campamento, dirixido para os nenos de entre 8 e 14 anos, terá lugar do 2 ao 13 de agosto. A inscrición será gratuíta e aberta e os que participen poderán facelo a tempo completo ou ben só nalgunhas das actividades previstas.
Baixo o título "Xoga con Vigo", a concellería de Xuventude, presidida por Lucía Molares, e as Asociacións Xuvenís Abertal e Xentenova, presentan o Campamento Urbán 2004. Unha oferta de lecer educativo dirixida aos rapaces de entre 8 e 14 anos e que terá lugar dende o vindeiro luns ata o 13 de agosto.
O obxectivo desta iniciativa non é outro que o de "ofertar un verán en Vigo sen sair de Vigo para que os máis cativos redescubran a cidade como cidadáns que son", en palabras de Humpty, xestor da Asociación Xuvenil Abertal.
O Campamento Urbán concíbese, desta maneira, como espacio aberto, libre e gratuíto. Ademáis, os rapaces que participen, poderán facelo a tempo completo ou ben só nalgunhas das actividades previstas. Aínda que xa son 300 o número de participantes a inscrición permanecerá aberta para todo aquel que desexe apuntarse, podendo facelo no Pavillón de As Travesas.
Polas mañás, as actividades previstas desenvolveranse fundamentalmente coa estructura de grandes xogos de animación facendo uso do meirande número de espacios da cidade para a súa realización. Algúns dos lugares elixidos serán o Concello, o Berbés, o parque de O Castro ou Castrelos.
Polas tardes realizarase unha oferta libre de actividades para que sexan os rapaces os que escollan nas que quieran participar. Incluirase nelas o teatro, deportes, saídas por Vigo, obradoiros, música...
Ademáis, o Campamento Urbán levará a cabo excursións a Liméns e Moaña, á Universidade ou a Vilatuxe, en Lalín.
Baixo a convición de que "os nenos tamén se merecen actividades adaptadas a eles, o Campamento amósase como plataforma de integración e alternativa ao tempo de lecer estival dos máis pequenos da casa.
Descargar todas as imaxes