Escoitar

O monte de A Guía acollerá o sábado a XV edición da Festa da Sardiña

Na xornada gastronómica, presentada o venres polo concelleiro de Festas, Ignacio López-Chaves, degustaranse 1.500 kilogramos de sardiñas e 450 de pan de millo. O precio de cada ducia de sardiñas con dou anacos de pan será de 4 euros. A festa comezará ás once da mañá e agarda contar cun aforo de 10.000 persoas.

venres, 30 xul 2004
1091184909sardina.jpg
O monte de A Guía acollerá o sábado, a partir das once da mañá, á décimoquinta edición da Festa da Sardiña. Unha festividade, incluida no ciclo adicado ás festas gastronómicas, que contará, nesta ocasión, cun total de 1.500 kilogramos de sardiñas acompañadas por 450 kilogramos de pan de millo.

Os que se acheguen ata A Guía, poderán disfrutar dunha ducia de sardiñas con dous anacos de pan por un prezo de 4 euros. Ademáis, degustarase empanada, pulpo, tortilla e viño da terra.

A festa comezará ás once da mañá co reparto das sardiñas para dar paso despois á entrega do tradicional galardón "Sardiña de Ouro", que nesta edición recae na Asociación Síndrome de Down de Pontevedra "pola súa boa labor dende fai xa catro anos", segundo o presidente da Comisión de Festas Nosa Señora das Neves, José Gonda.

E que millor que disfrutar dos productos da terra acompasados polo concerto da banda de música xuvenil "As delicias do Caeiro" que amenizarán a xornada dende as 13.00 horas. E para rematar, a partir das once da noite, comezará a verbena coa actuación da banda e dun grupo de música.
Descargar todas as imaxes