Escoitar

Castrelos vibrará o sábado coas baladas do cantautor Álex Ubago

O show, que terá unha duración aproximada de hora e media, dará paso aos temas do novo disco ("Aunque no te pueda ver", "Dame tu aire", "Prefiero"...) e compartirá cos seus fans algúns dos seus temas máis famosos do seu traballo anterior, como "Sin Miedo a nada", "¿Qué pides tú?", "A gritos de Esperanza", "Sabes"...

venres, 30 xul 2004
1091187793ubago.jpg
A xira de "Fantasía o realidad", presentará en Castrelos unha infraestructura técnica de envergadura, na que se inclúe un gran escenario e unha potente montaxe de son e luces- 55.000 watios de son con equipos de última xeración e 100.000 watios de luces- que darán vida a este espectacular show.

O concerto comezará as 23.00 horas e o prezo da entrada será de 6 euros, sen asento.

Biografía
Álex Ubago naceu en 1982 en San Sebastián. Con dezaoito anos compuso varias cancións coa intención de regalárllas a súa moza. Dous anos despóis estas cancións convertíronse nun dos discos de maior éxito da tempada.

O seu pai levou a cinta a un amigo seu que era manager doutros grupos donostiarras, coma "La Oreja de Van Gogh" e "Duncan Dhu". O mánager quedou tan impresionado pola voz e pola forza das cancións do xoven compositor que remitiu a gravación a un amigo (Alfonso Pérez), quén tamén quedou prendado pola súa voz. A partires dese momento, Álex Ubago ficha pola discográfica DRO.

Uns meses despóis, Álex entra en contacto co productor Jesús N. Gómez, quén lle axuda a seleccionar as cancións que comporán o seu primer álbum. Este traballo requeriulle varios meses de esforzo debido á cantidade de cancións compostas por Álex.

Por fin, en setembro de 2001 publícase o seu primeiro disco, titulado "¿Qué pides tú?". No disco hai baladas como "Sabes", ritmos máis bailables, pasando por medios tempos coma o primeiro single "Qué Pides Tú" e o tema grabado a dúo con Amaia Montero de "La Oreja de Van Gogh".

Tras dous anos dende a publicación de "¿Qué pides tú?", Álex Ubago volta a sorprendernos co seu novo disco "Fantasía o realidad", con cancións onde se misturan excelentes baladas coma "Otro día más", ou temas máis rápidos coma "Salida".
Descargar todas as imaxes