martes, 15 mar 2005
O Concello asinou un decreto polo que se regulan os servizos mínimos que deberá prestar a empresa concesionaria da ORA, FCC-EYSA UTE-Vigo, durante a folga convocada a partir do día 16 de marzo.
venres, 11 mar 2005
Dúas novas liñas de Vitrasa entrarán en servizo o vindeiro 29 de marzo para substituír a actual C16. Ademais, a liña ata a Estación de Autobuses ampliarase e a Circular 2ª e a C9B serán modificadas. Outra das remodelacións afectará ao autobús nocturno, que pasará a circular con dúas liñas entre Samil e o centro cunha frecuencia de trinta minutos.
luns, 28 feb 2005
A Xunta de Goberno aprobou a substitución de Antonio Sotelo por motivos de saúde. Sotelo conservará o rango de oficial e ocuparase da área de Educación Vial.
martes, 22 feb 2005
"Nun contexto de autopistas saturadas e un centro de gravidade que se despraza ao leste, as rexións periféricas deben apostar polo tráfico marítimo nas súas relacións comerciais", opinou o concelleiro José Manuel Iglesias na presentación do encontro "As autopistas do mar e o Short Sea Shipping", que terá lugar en Vigo o 24 e 25 de febreiro.
martes, 1 feb 2005
As obras de canalización e saneamento manterán pechada a rúa Ecuador entre Joaquín Lóriga e Taboada Leal desde mañá ata o sábado día 5. Tamén a partir de mañá na rúa Ecuador, entre Gran Vía e Joaquín Lóriga, comezarán os traballos de fresado e asfaltado.
xoves, 20 xan 2005
Traballará en coordinación coa Dirección Xeral de Tráfico para atender as demandas empregando as once grúas coas que conta o Concello.
martes, 4 xan 2005
O Concello de Vigo, a través da súa Concellería de Mobilidade e Seguridade, presentou hoxe o seu novo coche policial, equipado cun Sistema Móbil de Identificación de Vehículos. Este sistema permitirá sancionar nun tempo récord e sen erros os coches que estean mal aparcados na cidade.
luns, 20 dec 2004
A partir do próximo ano, o transporte urbano será gratuíto para os pensionistas que non superen o Salario Mínimo Interprofesional. Así o anunciou a alcaldesa, Corina Porro, antes da reunión do Consello Sectorial de Transportes, na que se informou das novas tarifas para os billetes de autobús urbano e de taxi.