martes, 20 set 2005
Tanto o Goberno local como os grupos da oposición son partidarios de darlle prioridade á construcción dos párkings soterrados de Genaro de la Fuente, Areal e Villalaura, fronte aos de Rosalía de Castro, Castelao e Policarpo Sanz.
luns, 19 set 2005
A concellería de Mobilidade e Seguridade convoca un concurso de redacción para escolares co nome "A rúa sen coches" con motivo da celebración o próximo día 22 da iniciativa europea "A cidade sen o meu coche". O concurso conta coa colaboración de El Corte Inglés.<br />
venres, 16 set 2005
A concellería de Mobilidade e Seguridade convoca un concurso de redacción para escolares con nome "A rúa sen coches" con motivo da celebración o próximo día 22 da iniciativa europea "A cidade sen o meu coche". O concurso conta coa colaboración de El Corte Inglés.
venres, 9 set 2005
A Policía Local porá en marcha con motivo do comezo do curso escolar o seu servizo de seguridade á entrada e saída dos colexios. Ademais, a partir de outubro iniciará a campaña de educación vial dirixida aos centros de primaria da área de Vigo, na que participarán máis de 13.000 escolares.
venres, 26 ago 2005
A primeira fase da campaña de fresado e pintado de cebreados, símbolos, frechas e pasos de peóns que están a levar a cabo equipos municipais continúa esta semana e finalizará a principios de setembro cos traballos en varias rúas do centro de Vigo.
luns, 22 ago 2005
O concelleiro de Mobilidade e Seguridade, Antonio Coello, dixo hoxe que a vaga de incendios que asola a área metropolitana de Vigo fai que o Concello e o servizo de bombeiros continúen "en situación de alarma".
venres, 12 ago 2005
A afluencia de turistas nestas rutas nos meses de verán obriga a este corpo da Policía a intensificar o seu traballo de vixilancia.
xoves, 4 ago 2005
Ata 4 novas superficies para o aparcamento de vehículos foron habilitadas na praia de Samil.
mércores, 20 xul 2005
Con obxectivo de facilitar a mobilidade das persoas durante as Festas do Cristo, Vitrasa pon en marcha un servizo especial de transporte para os concertos que terán lugar no Auditorio de Castrelos os días 27, 28, 29 e 30 de xullo e 1, 13 e 20 de agosto.
mércores, 13 xul 2005
Areal, Policarpo Sanz, Pintor Colmeiro, Genaro de la Fuente, Rosalía de Castro e a avenida Castelao son as seis áreas nas cales o goberno municipal proxecta a construcción doutros tantos aparcadoiros nun prazo de tres ou catro anos, cun total de 3.000 novas prazas públicas de estacionamento.