Escoitar

A Policía Local desenvolve a súa campaña de educación vial en 82 centros escolares

Como en cursos anteriores, o departamento de Educación Vial da Policía Local está a desenvolver unha campaña dirixida aos centros de educación infantil e primaria. Neste 2005-2006 participan nesta actividade formativa máis de 13.000 alumnos de 82 colexios.

mércores, 26 out 2005
1130332205seguridad.jpg
Portada dunha das guías didácticas para escolares
Este ano os axentes-monitores da Policía Local, axudados de guías didácticas, imparten as súas charlas teóricas aos alumnos de catro e cinco anos e aos dos primeiros cursos de cada ciclo (1º, 3º e 5º), así como aos de 6º de primaria. Ademais, os nenos de 6º curso participan en sesións práticas de avaliación dos seus coñecementos e destreza no parque infantil de tráfico situado no Castro, co obxcecto de potenciar neles unha conducción máis segura e cívica.

Dentro desta campaña de educación vial, a Policía Local visitará un total de 80 colexios, tres por semana. Esta actividade formativa vai dirixida a un total de 13.184 escolares. No curso 2001-2002, o primeiro en que se realizou a campaña, participaron 6.103 alumnos de 71 colexios.

Desde a Policía Local saliéntase o éxito de participación desta iniciativa, xa que desde os seus inicios ata hoxe o seu labor pedagóxico se viu recompensado sempre co agradecemento dos pais e da comunidade educativa.

Doutra banda, a Policía Local continúa coa súa campaña de control do transporte escolar deste curso, dentro da cal leva ispeccionados 40 vehículos sen ter detectado neles infracción ningunha.
Descargar todas as imaxes