A Concellaría da Muller fomentará a corresponsabilidade no fogar con catro novos cursos
A Concellaría da Muller ofrece a partir de novembro, dentro do seu programa "Vivir en parella é cousa de 2", varios cursos específicos para homes, para mulleres e mixtos co obxectivo de fomentar a corresponsabilidade nas tarefas do fogar e a comprensión entre sexos. O prazo de inscrición está aberto ata o día 3 do mes que vén.
Os homes maiores de 18 anos poderán participar nun curso de 20 horas para coñeceren os coidados que necesita a roupa. Todos os sábados, do 5 de novembro ao 3 de decembro, das 9:30 ás 13:30, recibirán clases práticas e teóricas sobre como pasar o ferro, lavar, tender e dobrar as prendas de vestir.
Pola súa parte, as mulleres maiores de idade poderán aprender a facer reparacións domésticas básicas a través dun curso de introdución á fontanería e á electricidade que se impartirá na Casa das Mulleres (rúa Romil, 20). Este curso, de 22 horas, desenvolverase do 9 de novembro ao 12 de decembro. Entre os seus contidos terá aspectos básicos como unha introducción ás ferramentas e ao seu uso en reparacións sinxelas como o arranxo e substitución de billas, a purga de radiadores, a substitución e reparación de interruptores e enchufes, a prolongación de cables telefónicos e a prevención de riscos eléctricos no fogar.
Segundo explicou a concelleira Lucía Molares, con estes cursos a Concellaría da Muller quere que homes e mulleres poidan aplicar os seus novos coñecementos a tarefas tradicionalmente realizadas polo sexo oposto, de xeito que aumente a corresponsabilidade no ámbito doméstico. Este obxectivo, que figura como un dos puntos principais do Plan de Igualdade do Concello, ten motivado, como lembrou Lucía Molares, iniciativas da Concellaría da Muller como os cursos para mulleres do programa "Eu tamén sei" e os cursos de cociña para homes.
Ademais, a Concellaría da Muller organiza outros dous cursos, estes destinados a persoas maiores de idade de ambos os sexos, para fomentar a igualdade. O primeiro deles, titulado "Cómo podo entenderte?", está pensado para aqueles homes e mulleres que desexen mellorar as súas relacións cos demais. Neste curso, que terá lugar na Casa das Mulleres e durará 30 horas, trataranse aspectos da comunicación, as emocións, a asertividade e a empatía, como recursos necesarios para unhas realacións interpersoais gratificantes e de calidade.
Os que acudan ao outro curso mixto poderán aprender como facer fronte ás situacións de emerxencia. Así, durante 16 horas impartiranse coñecementos sobre reanimación cardiovascular, obstrución da vía aérea, hemorraxias, queimaduras e intoxicacións, entre outras complicacións que se poden dar no caso de accidente no fogar, no campo ou noutros lugares. Este curso desenvolverase os luns e martes, do 7 ao 29 de novembro, de 17:30 a 19:30, tamén na Casa das Mulleres.
O prazo para inscribirse en calquera dos catro cursos está aberto ata o 3 de novembro. A inscrición pode formalizarse na propia Concellaría da Muller ou chamando ao 986 810 284.
Descargar todas as imaxes