xoves, 27 out 2005
A alcaldesa, Corina Porro, inaugura o venres día 28 a duodécima Feira Multisectorial de Galicia e Portugal, Vigoferia 2005, que reunirá no IFEVI ata o 6 de novembro, máis de mil firmas da industria, do comercio e dos servizos de aquén e de alén Miño.
xoves, 27 out 2005
A Fundación Pedro Barrié de la Maza ofrece na súa nova sede en Vigo, que será inaugurada mañá pola alcaldesa, Corina Porro, a exposición "Galicia industrial (c.1750-2005)". Esta mostra contextualiza, seguindo unha pauta cronolóxico-temática, os máis salientables episodios, empresas e personalidades da historia industrial galega.
Pascual Osa dirixirá á Orquestra Filarmonía no Teatro Fraga-CaixaGalicia ás 18.00 horas
xoves, 27 out 2005
O vindeiro sábado, 29 de outubro ás 18,00 horas, o Teatro Fraga-CaixaGalicia acollerá a actuación “Fernando Argenta en concerto... en familia” interpretada pola Orquestra Filarmonía dirixida por Pascual Osa.Este concerto, para o cal xa están esgotadas as entradas, forma parte do ciclo “A formación de públicos no Are More”, unha das novidades que presenta a edición do Festival de Música de Vigo deste ano.
xoves, 27 out 2005
A Casa Galega da Cultura acolle a partir de mañá, venres 28 de outubro, a exposición "Espazos de encontro", de Mª Carmen Arenas. O concelleiro de Cultura, Ignacio López-Chaves, encadrou esta mostra no intento de abrir a sala a artistas novos.