Vigoferia 2005 abre as súas portas
A alcaldesa, Corina Porro, inaugura o venres día 28 a duodécima Feira Multisectorial de Galicia e Portugal, Vigoferia 2005, que reunirá no IFEVI ata o 6 de novembro, máis de mil firmas da industria, do comercio e dos servizos de aquén e de alén Miño.
A concelleira de Tusimo e Comercio, Lucía Molares, avaliou Vigoferia 2005 como unha das mostras máis representativas do Atlántico peninsular, tanto polo número de participantes como pola variedade de produtos que nela se expoñen e pola afluencia de visitantes. Na edición de 2004 acudiron en torno a 81.000 persoas.
Entre o numeroso público resalta a presenza de profesionais que visitan a feira para coñeceren a situación do mercado comercial nos dous países, con vistas a operacións posteriores.
Salóns temáticos
Un dos principais logros deste certame, que é o de maior tradición de Galicia e o máis antigo dos que teñen lugar en Vigo, é o de aglutinar nun mesmo recinto varios salóns temáticos relacionados coa industria, o comercio e os servizos.
Así, o VII Salón do Moble, Decoración e Interiorismo volverá ser o protagonista de Vigoferia, ocupando, do 28 de outubro ao 6 de novembro, boa parte do recinto e reunindo destacados fabricantes de Galicia, Portugal e diversos puntos de España.
Ao igual que en edicións anteriores, os visitantes poderán coñecer de primeira man unha oferta que vai desde o moble moderno ao clásico, pasando polas antigüidades e produtos tan variados como colchóns, armarios, iluminación, arte ou mobilairio para o descanso. Este ano, ademais, lograrase un récord de participación de firmas dedicadas á decoración e ao interiorismo.
Por outra parte, o mundo da moda ocupará tamén un lugar importante co X Salón de Deseñadores Novos, concibido co obxectivo de servir de escaparate ás promesas deste sector. Na pasarela, que se desenvolverá do 4 ao 6 de novembro, participarán medio centenar de deseñadores de toda a península, que ofrecerán unha trintena de coleccións de prendas de home, muller e nenos.
Ademais, do 28 de outubro ao 1 de novembro terá lugar o VIII Salón de Turismo, Gastronomía e Artesanía, no cal se prevé que participen rerpesentantes dunha ducia de países de todos os continentes. Na mesma liña de edicións anteriores pero ampliando a súa oferta, o recinto feiral mostrará aos visitantes todo o relacionado con estes sectores cada vez máis en auxe, desde organismos e institucións ata a máis variada oferta de servizos como axencias de viaxes, empresas de hostelaría e fabricantes de material de viaxe.
Descargar todas as imaxes