Mª Carmen Arenas expón na Casa Galega da Cultura os seus "Espazos de encontro"
A Casa Galega da Cultura acolle a partir de mañá, venres 28 de outubro, a exposición "Espazos de encontro", de Mª Carmen Arenas. O concelleiro de Cultura, Ignacio López-Chaves, encadrou esta mostra no intento de abrir a sala a artistas novos.
Mª Carmen Arenas explicou que se ben nos seus quince anos dedicados á pintura "en serio" traballou principalmente coa pintura acrílica e o óleo, para esta a súa primeira exposición decidiuse polo gravado monotipo realizado sobre táboa. O monotipo é un gravado único, feito ao pintar sobre madeira e trasladar o pintado ao papel por medio dun tórculo, obtendo así unha "pintura en negativo".
"Espazos de encontro" componse dun conxunto de paixases pensados, que Mª Carmen Arenas describe como "a miña forma persoal de estar ante a realidade como estímulo, horizonte de sentido e posibilidade de encontro". Estas paisaxes son como pegadas dunha realidade íntima, sentimentos aínda non expresados que nos convidan a imaxinar e evadirnos.
Na pintura de Mª Carmen Arenas existe o desexo de envolver o espectador nunha atmosfera serena, para comunicar cunha maior intensidade a enerxía que brota da luz. Esta luz, que é guía "no descoñecido, no desexado, no vital", expándese e pérdese entre as sombras, para reaparecer novamente nun primeiro plano, case imperceptible pero chea de significados.
A exposición "Espazos de encontro" estará na sala de exposicións da Casa Galega da Cultura ata o 27 de novembro. Poderase visitar de luns a venres, de 18:00 a 21:30, os sábados, de 11:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:30, e os domingos e festivos, de 11:00 a 14:00.