Inauguradas as novas instalacións do Centro de Día de Atención ao Menor de Alborada
Diversas autoridades, entre elas a concelleira de Benestar Social, Marta Iglesias, e a secretaria xeral de Benestar da Xunta de Galicia, María Jesús Lago Vilaboa, asistiron hoxe martes á inauguración das novas instalacións do centro de día de atención ao menor da asociación Alborada, situadas na rúa Arquitecto Pérez Bellas.
Neste acto tamén estiveron presentes a Xunta Directiva de Alborada, o equipo técnico dos centros desta asociación, profesionais e institucións colaboradoras. As novas instalacións servirán de centro de día cunha capacidade para 26 menores.
Os rapaces chegan ao centro derivados desde o Servizo de Atención a Menores en Situación de Conflicto Social, en réxime de protección ou de reforma. Estes menores manifestan de maneira habitual problemas familiares, sociais, académicos e de conduta.
O principal obxectivo de Alborada é conseguir incorporalos á sociedade facéndoos participar nun programa que aborda os seus problemas cun enfoque educativo, psicoterapéutico, de implicación familiar, relacional, socializador, responsabilizador e incorporador.
Outros obxectivos perseguidos por Alborada son os de facilitar a integración académica do menor, posibilitar a súa formación ocupacional e/ou profesional e mellorar as relacións do sistema familiar, así como reducir a manifestación de condutas disociais e marxinalizadoras e previr o consumo de drogas. Neste sentido, tamén se presta atención á saúde dos menores a través de talleres de nutrición, sexualidade e hixiene, e fomentando alternativas de lecer como o deporte, a cultura e o contacto coa natureza.
Para desenvolver o seu programa, o centro conta cun equipo de profesionais procedente de disciplinas da educación e da saúde.