Marta Iglesias avoga pola modernización tecnolóxica no Día Mundial de Internet
A concelleira de Participación Cidadá, Marta Iglesias, abriu a xornada sobre "A brecha dixital e Internet" que con motivo do Día Mundial deste recurso se celebrou no Centro Social Caixanova hoxe martes. No seu discurso, Marta Iglesias afirmou que "niguén pode quedar fóra" do proceso de modernización auspiciado polas novas tecnoloxías.
Segundo dixo Marta Iglesias, é necesario "mellorar a competitividade da sociedade, non só das empresas. Para iso, recordou, a Concellaría de Participación Cidadá vén desenvolvendo pola súa conta ou en colaboración con outras administracións públicas e asociacións viguesas un ambicioso programa de posta en marcha de Centros Municipais de Internet.
Esta actuación compleméntase con cursos de formación en Internet e en novas tecnoloxías e co incremento dos servizos de e-administración que ofrece o Concello de Vigo a través da súa páxina web www.hoxe.vigo.org. A propósito destes servizos, Marta Iglesias referiuse ao recente estudo do Instituto de Empresa que sitúa a Vigo e Barcelona como as cidades con mellor goberno electrónico de España. Neste sentido, a concelleira afirmou que "Vigo está en posición de liderar o proceso de modernización tecnolóxica de Galicia".
A posición privilexiada de Vigo en Galicia corroborouna o conferenciante e experto en Internet Lois Rodríguez Andrande, se ben matizou que a nosa comunidade está "no furgón de cola" de España, que á súa vez é un dos estados de Europa con menor implantación das novas tecnoloxías.
Para Rodríguez Andrade, en Galicia, aínda que tecnicamente a disponibildiade de Internet é total, na prática existen desigualdades no acceso entre as cidades, mellor conectadas, e o resto da comunidade. A esta concentración de servizos nas cidades hai que sumar, segundo Rodríguez Andrade, o feito de Galicia contar cunha poboación avellentada, como factor estrutural que axuda a explicar o noso retraso en canto ao uso de Internet nos fogares. No entanto, este experto asegurou que o mundo da empresa galega está a converxer de maneira máis rápida con Europa na incorporación das novas tecnoloxías