Escoitar

A Xunta de Goberno adxudica as obras de humanización de Alfonso X por 86.000 euros

A Xunta de Goberno Local, reunida hoxe luns, decidiu adxudicar, por uns 86.000 euros, as obras de humanización da rúa Alfonso X El Sabio, así como a subministración de dous dumpers para o parque móbil municipal, por uns 48.000 euros.

luns, 24 out 2005
Ademais, a Xunta de Goberno aprobou o expediente de contratación da producción das carrozas para a cabalgata de Reis de 2006, por uns 45.000 euros. Así mesmo, deu luz verde á contratación artística dos concertos de Dame Felicity Lott e o Cuarteto Schumann para o Festival de Música de Vigo Are-More, por algo máis de 30.000 euros.

Na área de Urbanismo, a Xunta de Goberno aprobou a constitución da Xunta de Compensación do polígono do PERI IV-San Roque, ademais da recepción das obras de urbanización da U.E. do PERI Sensat.