Vigo e Barcelona son as cidades con mellor goberno electrónico de España
Vigo e Barcelona son os concellos españois que máis servizos electrónicos ofrecen aos seus cidadáns, segundo un estudo elaborado polo Instituto de Empresa e a compañía informática Software AG, no cal se valoran 91 cidades de máis de 75.000 habitantes.
O informe, titulado "Análise do Desenvolvemento do Goberno Electrónico Municipal en España", ten en conta para a elaboración do seu ránking a incorporación de servizos web tan diversos como os roteiros, as descargas de impresos municipais, os pagamentos por Internet e os listados telefónicos.
Vigo e Barcelona son as cidades españolas con maior puntuación, 10,75 puntos sobre 11,75 posibles, e están seguidas polo municipio madrileño de Leganés, con 9,5 puntos, e Xirona, con 8,75 puntos. Cidades como A Coruña, Valencia e Zaragoza obtiveron 8,5 puntos, mentres que Madrid e Bilbao alcanzaron 7,75 puntos.
Segundo este estudo, a implantación de servizos municipais de goberno electrónico está a desenvolverse de maneira pouco estratéxica en España, cun crecemento desordenado e ineficiente. Neste sentido, conclúe o informe que Vigo, Barcelona e Leganés son as únicas cidades que presentan un nivel de desenvolvemento "moi elevado".
Web do Concello
Co obxectivo de facilitar e axilizar as relacións cos cidadáns, o Concello de Vigo conta na súa páxina web cunha "Carpeta do Cidadán" a través da cal se poden rexistrar solicitudes e documentación; consultar imprimir, domiciliar e pagar tributos, e consultar a tramitación de expedientes e os datos do padrón de habitantes.
Ademais, a páxina web do Concello ofrece a posibilidade de obter información de interese para os cidadáns, como normas, ordenanzas, ofertas de emprego, axudas, pagamento de impostos, actas, información municipal, tráfico e axenda cultural. Tamén por Internet poden realizarse trámites directos, como a obtención de volantes de empadroamento e o duplicado de documentos, entre outras xestións.
Descargar todas as imaxes