Tomás Calvo e Carmen Maté pechan as Xornadas de Filosofía de Vigo
Tomás Calvo, filósofo especialista en Aristóteles, e Carmen Maté, directora de Investigación e Educación do Parque Zoolóxico de Barcelona, pecharán mañá, venres 21 de outubro, as XV Xornadas de Filosofía de Vigo, que desde o martes se veñen desenvolvendo no salón de actos da Fundación CaixaGalicia.
Tomás Calvo mostrará a partir das 17:00, no seu relatorio "A natureza humana en Aristóteles", como o grande mérito do filósofo grego foi encadrar a súa investigación da natureza humana no marco xeral da bioloxía. Segundo este profesor de Filosofía da Universidade Complutense de Madrid, o ser humano comparte unha ampla gamma de actividades vitais con outras especies, pero posúe funcións específicas como o pensamento e a capacidade de elección.
A partir desas funcións, sinala Calvo, será posible definir ulteriormente a vida e as actividades específicas dos humanos. Isto crea un importante espazo para consideracións teóricas nos campos da filosofía da acción, da ética, da educación e da cultura.
Tomás Calvo é vicepresidente do Institut International de Philosophie e presidente da Sociedade Ibérica de Filosofía Grega, e ten escrito diversas obras, entre as que destacan "De los Sofistas a Platón: política y pensamiento", "Aristóteles y el aristotelismo", e "Paul Ricœur: Los caminos de la Interpretación".
Pola súa parte, Carmen Maté falará, a partir das 20.00 horas, sobre "A conduta dos homínidos". Segundo Maté, os seres humanos formamos parte dunha familia de primates con moitas características comúns, aínda que son obvias as diferenzas morfolóxicas entre nós e os gorilas, os chimpancés ou os bonobos.
Os estudos biomoleculares e xenéticos establecen que as diverxencias entre chimpancés e humanos se produciron hai só cinco millóns de anos. Ademais os membros da familia dos homínidos presentan tendencias adaptativas comúns, como a de ter corpos e cerebros grandes, unha marcada diferenciación entre sexos e diversas estratexias sexuais e sociais.
A maior complexidade neuronal vai parella a xestacións máis longas e crías con periodos de desenvolvemento lento, o cal favorece a aprendizaxe social. En opinión de Carmen Maté, todas estas características comúns poden darlle á ciencia pistas sobre o comportamento e a ecoloxía dos humanos primitivos.