Escoitar

Campaña de promoción e divulgación de internet<br />

A área de Participación Cidadá con motivo da celebración do Día Mundial de Internet, desenvolverá unha campaña co nome “ViveVigo” de promoción e divulgación de internet entre os días 21 e 25 de outubro. O proxecto realizase en colaboración coa Asociación de Voluntarios de Internet e as asociacións veciñais “Dr. José Casas”, Bouzas, “Val do Fragoso”, Sampaio e San Miguel de Oia.

xoves, 20 out 2005
Durante os días que dure a campaña animadores especializados no uso da rede global darán a coñecer a potencialidade de uso de internet como medio de acceso á información, apoio ao estudio, busca de emprego. Ademais, dun xeito práctico, subiranse contidos (fotografías antigas, postais ) previamente escaneados a páxina web www.vivevigo.org. Entre os participantes, e unha vez finalizadas as xornadas de animación, sortearanse memorias USB e MP3.

Centros Municipais de internet participantes
- Centro Cívico “Casco Vello” r/Oliva, 12
- Centro Cívico Coruxo Avda. Ricardo Mella, 296.Coruxo
- Centro Cívico Teis Cmño. Maceiras, 1-Teis
- A.VV. “Dr. José Casas”-Bouzas, Rúa do Pazo, 2-Bouzas
- A.VV. “Val do Fragoso”, r/ Val Miñor, s/n
- A.V.C. e D. Sampaio, Casal de Arriba, 6 - Sampaio
- A.VV. San Miguel de Oia, Cmño. Currás, 34–San Miguel Oia.

Horarios:
-Días 21 e 22 de outubro de 10:00-13:00
- Días 24 e 25 de outubro de 10:00-13:00 e 17:00-21:00